Sunday 05 de May de 2024

As irmás Lara e Xiana López Fernández, campioas júnior e alevín de socorrismo


 

Impresionante actuación das irmás López Fernández no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo de Verán disputado recentemente na praia do Ézaro (Dumbría). Por un lado, Lara López Fernández proclamouse campioa galega nas probas de Bandeiras, Sprint praia e Carreira con táboa de rescate. Ademais, rematou en terceira posición na proba de Ocean.

Por outra banda, Xiana López Fernández conseguiu alzarse co título de campioa galega alevín de socorrismo na proba de Carreira con Nipper e subcampioa na proba de Slálom Costa.